INSUA

As colores das marabillas(I)
Comezamos hoxe, a este domingo de outono, día de entre ventos e choivas, estas dúas marabillas de ver para lles buscar colores,ventos e choivas, que hoxe non, comezamos, digo, unha serie de folliñas de MARABILLAS, unha a unha, para destaque das súas colores dende o entender afectivo de quen escribe.As marabillas son especialmenete, agarimosamente, COUSIÑAS.Cousiñas humildes e grandísimas, enormes e xigantes, multidimensionais, que nos axudan plenamente a vivir con auténtica conciencia e na definición absoluta de dignidade.As marabillas son pois vivencias e sentimentos, estados de estar, de vivir, de querer, de.. En difinitiva digo así... Estados.

As marabillas han ser, existir, en espazos e en tempos especiais onde nós, neste caso quen escribe, ha ter a intuición de poñelas a ser propias, suxeitivas e así sentirse " inspirado" dando grazas por vivir e por ter os pés en terra comunal de pobo e de nación.

Hoxe,como dixen a domingo de outono,  por se alguén me le, direi que explico,que aclaro, que falo soamente de como en seguidas entregas vou orientar as marabillas ás que me refiro e así definilas a ser posibel da mellor forma, no que un é quen, nas súas colores naturais;iso si, como servidas en prata de luxo ourada, MARABILLAS derivadas da natureza das palabras, da palabra, como " PA" que "LABRA",que traballa da man do traballador, do obreiro,que constrúe crente - e sempre militante no home e na muller, humanisticamente-. Agardo poder atinar coa idea que me veu ao pensamento nun momento íntimo ao carón de Concha, a miña compañeira inmedibel, cariñosa e sobre todo boa muller que a cada vivir me acompaña solidariamente, en afecto e AMOR enteiro.CONCHA, teño que dicilo, vai ser a miña primeira marabilla nesta serie que aquí comezo, pois eu, se valio algo, éo en boa parte grazas ao seu ánimo, á súa motivación de amiga e compañeira.Nesa mornura constante que nos permite superar tantas dificultades e atrancos. Tamén gozar de tantos logros de cada día. Tamén disfrutar dela na exemplariedade de nai.

Comments

ASÍ SON AS COUSAS dos vencidos.
Para uns foi a

amañecida,a

pasear de a tiro traidor, a

lei de fuga.

Para outros... foi

o sabor a ferro, a

óxido de reixado, dun

penal.

Para outros... foi

a viaxe forzada, a

de transterrados, se

libraban...

Se algúns si...se

libraban da

vendima.Se

algúns...si...

SE LIBRABAN SI...

pois coma os outros, aqueles

asasinados, e présos, que

serán todos sempre...

... os

meus IRMÁNS!.

Comments

NENA DOCE E MARABILLA
Aquela nena protestaba

e choraba,

dando felicidade a quen pasaba

e que se oíse.

E a coidadora aquela...

quería que aquela nena fose...

mansa

e caladiña.

Para que todo desfilase en silenzo,

sen rebeldía

e coa rutina de cada latexo,

a pasar de reloxo mandón.

- mala...! -chamáballe a nena á coidadora.

- mala...! - chamáballe a coidadora á nena.

Comments

TIRILIN de Heitor
Segue dando de si o Tirilín de Heitor Picallo do Baño de Cuntis en Pontevedra. O de agora "O UNIVERSO", editado pola FERVENZA do Xosé Luna, vai de corpos ecuménicos celestes e de persoas e cousas misterio-marabillosas como é o OBSERVATORIO DE Lalín, o cal leva o nome de Ramón María Aller, aquel señor abade da igrexa galega, extraordinario home das estrelas, de ciencia , astrónomo, galego de cerne e ser, amigo dos da xeración NÓS. No primeiro deste tomiño inmedibel Heitor pon colocado estratexicamente ao inmenso sabio do E=mc2, Einstein. Velaí o universal de universalidade a tope para o sermos cosmogónico que significa a galeguidade nacional como identidade. Albert Einstein colocado fóra e á porta da Casa das Ciencias da Coruña ( non de la...), in situ como a el lle gustou sempre ( e non in vitro).E como sabio pleno, Heitor atinando ben, colócalle no máis alto del, na cabeza, unha interrogante significativa do verdadeiramente científico e intelixente, facerse preguntas con preguntas e de preguntas.Logo van as consecuencias das orixes, do Big-Bang, do " ovo cósmico primixénio, as primeiras unidades de constitución, as galaxias sobre todo ( sen afastarnos das nebolusas).Moi en especial as galaxias espirais, a nosa VIA LÁCTEA, camiño de Santiago, galega pois para o mundo.Tamén a parte do mito e da crencia, pois " haber hailas...", o autor colo a Constelación, para sabermos de nós e mañá e facerlle caso ou non ,vai saber... pero a xente precisa desas barandas para andar máis " a seguro". E de seguido AS ESTRELAS, as nacións autodeterminadas, independentes, federadas se lle peta, dende as superananas, ananas, medianas, xigantes ou superxigantes, coas súas propias colores de vida e existencia...AS ESTRELAS. E con elas, en especial co SOL como sistema, os PLANETAS, OS SATÉLITES ( a pesar do esmorecemento, escagallamento, da URSS),  OS ASTEROIDES, OS COMETAS (eses amigos que nos visitan a outra medida de contar e que nos poñen dos nervios ou dos corazón morno ferventes terrícolas). Moi ben a COMETA a carón do cruceiro, monumento nacional galego de arte a man e pico, artesanía, de " arxinas" sabedores do " latín". E o resume de todo a máis pequeno, para recordo e reflexión.Pero teño que dicir algo moi importante e que me gustou moito, máis có resto en especial, sen que lle saque méritos a nada, e é a cuberta do libro, a ilustración do astronauta coa bandeira falega, institucional, como mensaxe de chegarmos ao universo sendo quen somos, participando na construcción infinita da universalidade dos pobos e das culturas, esa interplanetariedade, esa interestrelade tan necesaria e desexabel.No peito o astronauta leva a súa pertenza, a estrela de liberación, vermella de amor e non de paixón simplemente, e o G que nos define en identidade de galeg@s.Velaí unha nova entrega de Heitor do Baño, do Fervedoiro de Cuntis. O número 3 e gústame tanto coma os outros, o 1 e 2. Adiante con máis.

Comments

TEMPO
...é bonito que as cousas pasen a

ritmo de AMOR e

que as datas se poñan todas de

gala a campar por

cada momento de

vivir.

Nada debese estar en branco, nin

plano, nin

sen voz, mesmo

a de silenzo consentido, pois

a unidade de velocidade ha ser

A VIDA,

A VIDA...ela

posta en base infinita e

escrita ou

anotada a cada paso

de andar a compás de pobo ou

de conquista proletaria

ASÍ SEMPRE.

Comments

AVISO E CON TEMPO
No ano que ven, 2007, os de XERMOLOS e a FUNDACIÓN MANUEL MARÍA, van celebrar os trinta anos da publicación en portugués, idioma irmán, do libro OS SOÑOS NA GAIOLA do poeta chairego de Outeiro de Rei, Manuel María.Quérese que este evento sexa unha mostra nacional de admiración e honra ao poeta tan noso e nacionalista, MANUEL MARIA. úérese que desde todos os espazos da nosa nación galega, neste POBO DO GALEGO, xurdan ideas e aportacións moi necesarias, vivas, emerxentes e cheas de contido, non soamente formas, para así construír un algo máis quen somos estando en Galiza e determinándonos con maior forza.Estamos convocados e dispoñámonos ao traballo e que as IDEAS sexan esas nacencias do ver, do ver máis aló, nos horizontes, intuíndo futuro e pobo novo, ceibe, solidario e galego a máis non poder, en plenitude.Quérese que a liberación dos soños engaiolados sexa un acto de afirmación nacional en clave absoluta de pobo en traxecto de autodeterminación colectiva. Xa non podemos agardar por máis ninguén e GALIZA debe tomar a súa iniciativa, levar a concreción as súas propostas e así construír a base de proxectos de dignidade os deberes de pobo e de cidadanía. TODOS A POÑER FORZA. TODOS pois a celebrar a Manuel María e mais ao seu libro tan liberador dende o primeiro momento de escribilo e logo nós de lelo. Este foi precedente daqueloutro tan querido e militante AS RÚAS DO VENTO CEIBE . ADIANTE POBO DO GALEGO.

Comments

A DOCE DESTE MES QUE CORRE
Velaí que como desfilaba o carneiro e con el a lexión e outras castes das FAES ( miñas moi pouco ou nada).Paso a paso ,marcial e adestrado a berros de patriotismo insípido e arroutado á maneira de quen gasta tiras e estrelas, espadas e divisas mortas,  nos días de gasto e de consumo de todo, colocáronse á mira para dar colorido de mañá a un día de descanso da clase traballadora e civil. O Paseo de hoxe sobra. Xa están ben nos seus lugares e nada precisamos de os ver polas avenidas dando mostras de cert" poderío?" ( eu que sei...).Vamos que este día doce de outubro non me gusta moito no seu contido.

Comments

SEREI SEMPRE
ESTOU

onde sei que debo e...

mira ti...

e gústame.

SEI

que ti...

has de me dicir...

algo.

SEINO

e mesmo agardo á posta,

si...

agardo.

AGARDO

que non deas volta

e nin me...

mires.

PENSA

que agardo.

Que agardo e...

sei que ti...

HAS DE ME DICIR ALGO E...

XÚROO.

XÚROO

que así ha ser.

SI...

HA SER...

un algo que...

non ha ser pouco.

Comments

XA ESTAMOS
NESTA MAÑÁ a sabor de ortigas,

a noces de chan mollado,

a mazás a bañar de outono

e en fervenzas de aires de conquistas,

AQUÍ ESTAMOS...

XA ESTAMOS...

Velaí entón que vos escribo nos afectos,

a andar a todo trapo polas horas primas do día,

neste lugar de esperanza,

e indo...

e sen parar...

ao que queremos

e indo...

e sen parar...

amigo...

ao que queremos.

Comments