TIRILIN de Heitor
Segue dando de si o Tirilín de Heitor Picallo do Baño de Cuntis en Pontevedra. O de agora "O UNIVERSO", editado pola FERVENZA do Xosé Luna, vai de corpos ecuménicos celestes e de persoas e cousas misterio-marabillosas como é o OBSERVATORIO DE Lalín, o cal leva o nome de Ramón María Aller, aquel señor abade da igrexa galega, extraordinario home das estrelas, de ciencia , astrónomo, galego de cerne e ser, amigo dos da xeración NÓS. No primeiro deste tomiño inmedibel Heitor pon colocado estratexicamente ao inmenso sabio do E=mc2, Einstein. Velaí o universal de universalidade a tope para o sermos cosmogónico que significa a galeguidade nacional como identidade. Albert Einstein colocado fóra e á porta da Casa das Ciencias da Coruña ( non de la...), in situ como a el lle gustou sempre ( e non in vitro).E como sabio pleno, Heitor atinando ben, colócalle no máis alto del, na cabeza, unha interrogante significativa do verdadeiramente científico e intelixente, facerse preguntas con preguntas e de preguntas.Logo van as consecuencias das orixes, do Big-Bang, do " ovo cósmico primixénio, as primeiras unidades de constitución, as galaxias sobre todo ( sen afastarnos das nebolusas).Moi en especial as galaxias espirais, a nosa VIA LÁCTEA, camiño de Santiago, galega pois para o mundo.Tamén a parte do mito e da crencia, pois " haber hailas...", o autor colo a Constelación, para sabermos de nós e mañá e facerlle caso ou non ,vai saber... pero a xente precisa desas barandas para andar máis " a seguro". E de seguido AS ESTRELAS, as nacións autodeterminadas, independentes, federadas se lle peta, dende as superananas, ananas, medianas, xigantes ou superxigantes, coas súas propias colores de vida e existencia...AS ESTRELAS. E con elas, en especial co SOL como sistema, os PLANETAS, OS SATÉLITES ( a pesar do esmorecemento, escagallamento, da URSS), OS ASTEROIDES, OS COMETAS (eses amigos que nos visitan a outra medida de contar e que nos poñen dos nervios ou dos corazón morno ferventes terrícolas). Moi ben a COMETA a carón do cruceiro, monumento nacional galego de arte a man e pico, artesanía, de " arxinas" sabedores do " latín". E o resume de todo a máis pequeno, para recordo e reflexión.Pero teño que dicir algo moi importante e que me gustou moito, máis có resto en especial, sen que lle saque méritos a nada, e é a cuberta do libro, a ilustración do astronauta coa bandeira falega, institucional, como mensaxe de chegarmos ao universo sendo quen somos, participando na construcción infinita da universalidade dos pobos e das culturas, esa interplanetariedade, esa interestrelade tan necesaria e desexabel.No peito o astronauta leva a súa pertenza, a estrela de liberación, vermella de amor e non de paixón simplemente, e o G que nos define en identidade de galeg@s.Velaí unha nova entrega de Heitor do Baño, do Fervedoiro de Cuntis. O número 3 e gústame tanto coma os outros, o 1 e 2. Adiante con máis.

Chúzao
del.icio.us