A DOCE DESTE MES QUE CORRE
Velaí que como desfilaba o carneiro e con el a lexión e outras castes das FAES ( miñas moi pouco ou nada).Paso a paso ,marcial e adestrado a berros de patriotismo insípido e arroutado á maneira de quen gasta tiras e estrelas, espadas e divisas mortas, nos días de gasto e de consumo de todo, colocáronse á mira para dar colorido de mañá a un día de descanso da clase traballadora e civil. O Paseo de hoxe sobra. Xa están ben nos seus lugares e nada precisamos de os ver polas avenidas dando mostras de cert" poderío?" ( eu que sei...).Vamos que este día doce de outubro non me gusta moito no seu contido.

Chúzao
del.icio.us