As colores das marabillas(I)
Comezamos hoxe, a este domingo de outono, día de entre ventos e choivas, estas dúas marabillas de ver para lles buscar colores,ventos e choivas, que hoxe non, comezamos, digo, unha serie de folliñas de MARABILLAS, unha a unha, para destaque das súas colores dende o entender afectivo de quen escribe.As marabillas son especialmenete, agarimosamente, COUSIÑAS.Cousiñas humildes e grandísimas, enormes e xigantes, multidimensionais, que nos axudan plenamente a vivir con auténtica conciencia e na definición absoluta de dignidade.As marabillas son pois vivencias e sentimentos, estados de estar, de vivir, de querer, de.. En difinitiva digo así... Estados.
As marabillas han ser, existir, en espazos e en tempos especiais onde nós, neste caso quen escribe, ha ter a intuición de poñelas a ser propias, suxeitivas e así sentirse " inspirado" dando grazas por vivir e por ter os pés en terra comunal de pobo e de nación.
Hoxe,como dixen a domingo de outono, por se alguén me le, direi que explico,que aclaro, que falo soamente de como en seguidas entregas vou orientar as marabillas ás que me refiro e así definilas a ser posibel da mellor forma, no que un é quen, nas súas colores naturais;iso si, como servidas en prata de luxo ourada, MARABILLAS derivadas da natureza das palabras, da palabra, como " PA" que "LABRA",que traballa da man do traballador, do obreiro,que constrúe crente - e sempre militante no home e na muller, humanisticamente-. Agardo poder atinar coa idea que me veu ao pensamento nun momento íntimo ao carón de Concha, a miña compañeira inmedibel, cariñosa e sobre todo boa muller que a cada vivir me acompaña solidariamente, en afecto e AMOR enteiro.CONCHA, teño que dicilo, vai ser a miña primeira marabilla nesta serie que aquí comezo, pois eu, se valio algo, éo en boa parte grazas ao seu ánimo, á súa motivación de amiga e compañeira.Nesa mornura constante que nos permite superar tantas dificultades e atrancos. Tamén gozar de tantos logros de cada día. Tamén disfrutar dela na exemplariedade de nai.

Chúzao
del.icio.us